Antes de nada, quero comezar dicindo que as entradas deste blog sobre esta asignatura vounos a escribir en galego. Agora alguén dirá, e por que as de inglés non están en inglés? Pois porque son galega, aínnda que sendo por isto... Tamén medio inglesa, así que escribo en galego porque si e punto.
Hoxe acabo de facer o exame sobre o libro de lectura da primeira avaliación. Podíamos escoller entre varios títulos, pero eu decanteime por A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor.
O autor comeza o relato da obra informándonos de que o narrado é algo que sucedeu hai algún tempo na cidade onde naceu, e a información recolleuna buscando nalgúns papeis e falando con testigos do caso. Cibrán é un picapedreiro, un acusado que declara ante un xuíz, centrando a súa declaración na tráxica historia del e dos seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, homes marxinais da sociedade.
Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e convencenno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) polos baixos fondos da cidade de Auria, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen cesar. Ó saír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosísima muller que pouca xente ollou. Métense por un burato do xardín e ollana dende lonxe nunha galería. Ó marchar, o Bocas comeza a cavilar, porque quedara namorado da fermosura da muller.
Despois de seguir vagando por Auria, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu, quen lles invita a quedarse na bodega , onde seguen a beber. Por descoido préndenlle lume ao pazo e escapan de alí. Como tiñan algo de cartos, decidiron ir a unha casa de alterne. Na primeira bótanlles fóra, e unha das mulleres dille ao Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes nunha taberna. Teñen que saír a carreira daquel lugar, e van a outra casa de alterne, onde son mellor recibidos, aínda que ó final tamén lles botan fóra.
Fan plans de saír de Auria en tren pola mañá cedo, e para facer tempo dan voltas polas rúas, e nunha churrería o Milhomes rouba duas botellas de augardente e continúan bebendo e vagando. Para que non lles atopen, agáchanse nunha igrexa, e ó saír van ó mesón do Roxo, onde perden todos os cartos. Deciden voltar á casa dos Andrada, porque o Bocas ten a teima de estar coa muller que virán pola mañá. Entran dentro da casa, pero o Bocas e o Milhomes rouban unhas alfaias. Andan pola casa ata atopar a muller, que resultou ser unha boneca, e o Bocas enfurécese e afirma que quere estar cunha muller que non sexa unha prostituta. Para satisfacer esa teima van ó vertedeiro de Auria, onde vive unha muller, Socorrito, que din que está tola, e o Bocas oblígana a estar con el. Cando o Milhomes e Cibrán escoitan os berros da muller van onda eles. O Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata. O Milhomes escapa do lugar por unha lagoa xeada, pero o xeo rompe e desaparece afundido.
O rematar Cibrán o relato dos feitos, o xuíz ordénalle voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a navalla que servira como proba e cravousena. Cibrán morreu tras declarar ante o xuíz, aínda que o autor da obra informanos que non se soubo claramente como morreu.
No ano 2015 levouse a cabo unha adaptación cinematográfica que tivo bastante éxito, con Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán "Morris".
Fonte de información #1
No hay comentarios:
Publicar un comentario