viernes, 21 de abril de 2017

Pedro Feijoo

Pedro Feijoo.jpg
La semana que viene tendremos el placer de ser visitados por Pedro Feijoo, un escritor que nos ha hecho disfrutar de trepidantes historias.

PEDRO FEIJOO (Vigo, 1975) es licenciado en Filología Gallega por la Universidad de Santiago de Compostela. A lo largo de los últimos años ha ejercido profesionalmente como músico, llevando a cabo una intensa trayectoria como productor y compositor. Los hijos del mar (Os fillos do mar), su primera novela, fue finalista del prestigioso Premio Xerais de Novela 2011 y está siendo un auténtico fenómeno literario en Galicia, con una gran acogida por parte de crítica y público.


1. Os fillos do mar
Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta.Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con ton humorístico, a acción de Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela. Ao tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamén os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo alemán.Os fillos do mar é unha novela trepidante, que viaxa constantemente no tempo para atopar as claves dun presente que o protagonista precisa desvelar.


2. A memoria da choiva
Aquiles Vega é un xornalista de Santiago de Compostela, que fora botado do xornal El País logo de publicar a través da conta de Twitter do periódico unhas declaracións privadas sobre Mariano Rajoy, e na actualidade colabora na publicación Pio Sacro, revista ufolóxica. Andrés Casaperda é un policía amigo seu, que o chama logo de que no ensanche compostelán aparecese finado Xosé Carneiro, un coñecido psicanalista, cun cravo de ferro cravado no corazón.

Xaquina, a nai de Aquiles, dille que iso se corresponde cun verso de Rosalía de Castro, e o xornalista contacta con Sofía Deneb, profesora de literatura que vén de publicar unha biografía da autora, no ano en que se cumpre o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos. A profesora descarta que o crime poida estar relacionado coa obra de Rosalía.

Ao día seguinte aparece morta Penélope Santalla, outra estudosa da vida e obra de Rosalía de Castro, co torso e o abdome aberto. No espello do seu baño está escrito un texto similar a outro verso de Rosalía, "Cando un é moi dichoso, moi dichoso", que ao igual ca "Unha vez tiven un cravo" aparece no libro Follas novas. O mesmo día, Sofía recibe un correo electrónico dun tal Adriano co poema "Bos amores", tamén do mesmo libro.

Sofía decátase de que o nome de Adriano correspóndese co dun fillo de Rosalía e Manuel Murguía morto sendo aínda un bebé. Aquiles e Sofía van investigar a Padrón, á casa da Matanza, e nunha revista len unha crítica a un artigo que Xosé Carneiro escribira dicindo que Rosalía tiña tendencias suicidas. A relación das mortes coa obra da autora parece xa evidente, con algún tipo de vinganza.

A policía investiga os casos e busca identificar a orixe do correo electrónico recibido por Sofía, e na propia comisaría recíbese un correo cun anaco do poema "A xustiza pola man". Aquiles está convencido de que as mortes foron causadas por algún descendente do matrimonio de Rosalía e Murguía, pero Sofía dille que só tiveron dous netos que morreron de cativos. Aquiles entón vai falar con Calímaco de Brión, bibliotecario do Consello da Cultura Galega, na súa sede do pazo de Raxoi. Este recoméndalle que vexa o documental Pelerinaxe Lírica aos lugares Rosalianos, sobre unha homenaxe feita á autora en 1951 na que aparece Gala, a súa filla. Canda a ela aparece unha rapaza, sobre quen non se fala.

Aquiles e Sofía van á Coruña, posto que a policía lle di que desde alí se enviaron os correos que recibiu Sofía. Alí falan cun home que vive no edificio en que morou Rosalía de Castro. Este dilles que xunto a Gala vivía unha rapaza, Ariel, que era a súa asistenta, aínda que lembra que nunha ocasión lle chamou "avoa". Despois van a Vigo para falar cun antigo profesor de Sofía, que coñece boa parte da biografía de Rosalía mais non quere que se saiban todos os datos, propósito este que tiña tamén Manuel Murguía. Porén, dálles unha carta inédita de Murguía a Víctor Said Armesto datada en 1914 na que lle conta que Gala tivo unha filla de solteira cun sacerdote. Estela, nada en 1895, foi dada en adopción a un amigo seu, Antón Pan, que vive no Froxel (Oseiro, Arteixo).

A policía recibe outro correo electrónico, desta volta co poema "Ti onte mañán eu", e descobren que os correos son enviados desde a sede da Real Academia Galega. Logo de saber que Calímaco recibira tamén un correo electrónico, un axente vixía a súa casa para evitar calquera asasinato. Ao cabo, aparece morto Beltrán de Brión, fillo de Calímaco, defenestrado. Pola súa banda, Sofía recibe o poema "Co seu xordo e costante mormorio", co texto eu son o mar. Ao día seguinte aparece morto o propio Calímaco, co corazón arrancado, e mais o policía que facía garda no seu portal.

Aquiles e Sofía van ao Froxel e a Pastoriza. Alí contactan con Ariel Murguía, a rapaza que aparece no documental, filla de Estela. Cóntalles que coidou dela e que foi violada por Anxo Aián, un membro numerario da Real Academia Galega, e que tivo un fillo del. Este fillo, chamado Xacobe, é quen está a facer xustiza pola memoria de Rosalía co pseudónimo de Adriano. Ao pouco de marcharen da casa Aquiles e Sofía decátanse de que o propio fillo estaba alí, escondido, e cando chegan de volta Ariel xa está morta. De volta a Compostela, Sofía pensa que baixo o nome de Xacobe está alguén cun nome coa mesma orixe con ese, como poida ser Iago, Xaime ou Diego. Ao entrar na súa casa, Sofía é golpeada e retida por Adriano.

Aquiles sospeita de Santiago Seoane, decano da facultade de filoloxía, mais descártao. Pensa entón en Diego Castro, director da Casa Museo de Rosalía e como o anterior membro da RAG. Vai de novo a Padrón para falar con el. Alí recíbeo Tino, o conserxe, que o acompaña. Aquiles abre a porta onde se pechara Diego e atópao morto pendurando do teito. Primeiro pensa que se afogara cunha corda, pero axiña descobre que está colgado duns ganchos. Ao momento, é golpeado por Tino.

Cando esperta Tino cóntalle que el é Adriano, e que o seu nome é Valentín. Aquiles, paralizado polo efecto dun calmante muscular, escoita o relato de Adriano, que debe elixir entre salvar a Sofía ou atrapalo a el. Cando queda liberado, Aquiles vai rescatar a Sofía, que está a carón das Torres do Oeste a piques de morrer afogada ao subir a marea.


Meses despois Aquiles volve traballar en El País e Sofía dá clases en Barcelona. Un día Aquiles recibe unha chamada de Tino, do que nada se volveu saber, e este dille que está tamén en Barcelona.

Fuente 1
Fuente 2
Fuente 3

No hay comentarios:

Publicar un comentario